Hoxe, 15 de novembro, celebramos o Magosto, unha festa típica de Galicia, na que saboreamos castañas asadas todos xuntos no patio do cole. En Infantil, ademais, facemos uns xogos nos que mesturamos peques de 3, 4 e 5 anos. Así que, ademais de ser unha xornada esgotadora e completiña, tamén é de convivencia.
Durante toda a semana estivemos preparando os nosos bolsiños para meter as castañas. Primeiro pintamos a herba de verde e o ceo de azul celeste. Logo puxemos unhas pintiñas en amarelo e pintamos aos deportistas que pegamos nas caixiñas. Quedaron moi bonitiños decorados con castañas representando 4 deportes: carreira de atletismo, ballet, ximnasia artística con cinta e halterofilia.
Así de bonitiños quedaron os nosos bolsiños.
O día da festa comezamos a mañá pintando na cara a cor de cada grupo e logo reunímonos ás 9:30 para comezar os xogos: a castaña quente, castaña no saquiño, carreira de castañas, castañas na rampa, carreiras de porquiños e castañas ao caldeiro.
CARREIRA DE CASTAÑAS
Comentarios
Publicar un comentario