A semana pasada foi a inauguración deste curso da biblioteca, e, como non, tamén a visitamos para lembrar as normas e o funcionamento. A profe Montse explicounos todo moi ben e visionamos unha peli de Caillou na biblioteca. E, aínda por riba, recibimos un bonito agasallo: un clip de fresa.
A temática deste curso vai adicada ao deporte e á vida saudable: "Pombaleiros-as en forma"
Así vivimos ese día....
Lembrade que, a partir de agora, visitaremos a biblio todas as semanas. Nós iremos todos os martes, así que xogaremos alí un ratiño e logo levaremos as carpetas para a casa. Un-unha de nós levará a mochila viaxeira vermella (non levará a carpeta esa semana). Tanto a carpeta como a mochila, serán devoltas o martes seguinte para poder levar outro libro e, no caso da mochila, para que poida levala outro neno-a.
Comentarios
Publicar un comentario