SEGUIMOS CO SAMAÍN: CATRINA MEXICANA

O Samaín é unha celebración popular que nos encanta e que da moito xogo, xa que podemos facer unha morea de actividades de todo tipo que desenvolven a nosa imaxinación, creatividade e axudan a perderlle o medo a monstros, esqueletes, pantasmas e vampiros. Ademais de xogar e experimentar nas mesas do Samaín, que nos encantaron, tamén fixemos as típicas catrinas mexicanas do Día dos Mortos.

Primeiro pintamos a máis grande a poucos. Pintámola con pincéis e témpera líquida, logo decorámola e puxémola moi guapa con flores de cores. Mirade o proceso...

















Despois cada quen pintou a súa catrina. Fixémolo con bastonciños dos oídos coloreando libremente. Estes días aprendimos que as cores, cando se mesturan, dan lugar a outras cores. Pero para a nosa catrina non había que mesturar, así que tivemos que entender que cada bastonciño só valía para unha cor. Algúns pintaron só os debuxos e outros encheron a súa catrina de cores. Todas quedaron moi bonitas..
















 
E, para rematar coas catrinas, tamén decoramos a nosa gran cabaza para levar á exposición do Mercado do Calvario o mércores 30 de outubro. A ver se vos gusta!!!









Esto é todo por hoxe, pero aínda faltan cousas do Samaín: as galletas de cabaza do luns, o pintacaras do martes e a nosa merendola do mércores.
Vémonos pronto.

Comentarios