Este martes, tivemos a gran sorte de contar coa presencia da mamá de Aarón, que é unha experta maquilladora e ofreceuse a pintarnos caras terroríficas e non tan terroríficas tamén.
Primeiro mostrounos todos os utensilios e maquillaxes que tiña e logo púxose mans á obra. A profe Nati, que tamén é unha experta, ofreceuse a axudar, xa que eran moitos peques, a clase dos parrulos e a dos esquíos da profe Rosa.
Queremos agradecervos ás dúas o voso traballo desinteresado e o tempo adicado a facernos máis felices.
Eiquí vai un pequeno vídeo. Espero que vos guste.
Comentarios
Publicar un comentario