SOPRO CON PALLIÑA: FACEMOS ESCUMA

Hoxe repetimos a actividade de sopro con palliña e fixemos montañas de escuma.

Primeiro probamos só con auga, sopramos e aspiramos. Ao aspirar tragamos a auga, mentres que ao soprar a auga soa forte e fai pequenas burbullas. Logo puxémoslle á auga unha pinguiña de xabón e sopramos.

Fabricamos montañas de burbullas que saían do vaso, algunhas ata cairon na mesa e tivemos que sacalas coa man.

Ao rematar, tivemos que secar e limpar as mesas pasando moi ben os paniños.

Pasárono xenial, esta actividade sempre é moi emocionante e divertida.

Eiquí deixo un vídeo da actividade.




 

Comentarios