NOVAS MESAS SENSORIAIS

Estas son as novas mesas sensoriais do mes de maio. 
Despois de traballar a PRIMAVERA, comezamos maio aprendendo sobre os medios de transporte, polo que a nova bandexa tuff estaba ambientada en carreteiras, casas e vehículos.



Nos últimos días de maio, aínda que seguimos traballando os medios de transporte, como xa empeza o bo tempo e está a piques de chegar o verán, decidimos poñer 2 temáticas novas. Están relacionadas coa praia, os animais de auga e o verán.

BANDEXA TUFF DE PRAIA
A primeira mesa, na bandexa tuff xigante, comezou simulando unha praia, con area e auga (de mentira), con cunchiñas, peixes para pescar, elementos para facer figuras de area....Agora xa non parece praia, xa que a area invadiu toda a mesa. Pero disfrutan moito nela.



CAIXA DE LUZ CON FIGURIÑAS DE ANIMAIS MARINOS



BANDEXA CON CASIÑAS E PERSONAXES DE MADEIRA



BAÑEIRA DE AUGA
É, sen dúbida o que máis triunfou, todos e todas queren xogar na bañeira, pero só poden 2 de cada vez, polo que hai que ir turnándose.
A bañeira, ademais de levar auga, ten boliñas de xel de moitas cores, animaliños que frotan e algúns ata nadan (parrulos, tartaruga, balea), pequenos peixes de cores, cabaliños de mar e barcos.  Para xogar e experimentar  teñen coadores, ganapáns para pescar, vasos de 2 tamaños, esponxas e embudos.





















 

















Comentarios

Publicar un comentario