EXCURSIÓN AO MONTE DO VIXIADOR

 Hoxe tivemos a derradeira excursión do curso, visitamos O Vixiador xunto con todos os amigos e amigas de Infantil.

Foi unha xornada de mañá na que respiramos aire puro, paseamos polo bosque e vimos unha morea de árbores, cacas de animais, o estanque das ras e cruzamos unha ponte de madeira como verdadeiros Indiana Jones. Tamén recollimos lixo e démonos conta de que hai xente moi descoidada, non hai que contaminar a natureza.

Despois do paseo, xogamos un ratiño no parque, merendamos e rematamos xogando á pelota, cos frisbis e correndo cos compis. Ah, tamén disfrutamos saboreando uns fresquiños xeados.

Fíxosenos un pouco curtiño, pero disfrutamos moito dunha xornada diferente ao aire libre en compañía de compis e profes.























































Comentarios