ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

Xa rematou este curso, quen o diría, pasou voando e estes pequechos e pequechas xa non o son tanto.

Durante esta última semana fixemos unha morea de cousas: cociñamos pan de pita, pintamos o patio con xices de cores, celebramos dous aniversarios, rematamos os nosos traballos e as súas portadas, fixemos a merendola de fin de curso, recibimos a visita dos compis de 2º de primaria para falarnos de Xapón e nós contámoslles cousas sobre Grecia, os de 3º e 5º actuaron para nós coas súas obras de teatro e, sobre todo, xogamos moito. 

Non sei a vós, pero a min pasóuseme este curso voando.

Esta foi a última foto que fixemos de grupo



FIXEMOS PAN DE PITA





VISITA DOS COMPIS DE 2º







MERENDOLA FIN DE CURSO

Comimos bocatas de queixo e pavo, patacas fritidas e gusanitos.













E ESTES FORON OS NOSOS TRABALLOS



Vémonos en setembro. Unha aperta e moitos bicos

Pasade un verán xenial.


Comentarios