O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre moitos animais e moita vexetación.
Un entorno natural moi chulo que nos permitiu desconectar da cidade e vivir novas experiencias.
No bus iamos moi ilusionados e felices e, sobre todo, cos ollos moi abertos para non perdernos nada.
Ao chegar paseamos, corrimos, observamos, tocamos, ulimos e experimentamos con todos os nosos sentidos e, como non, xogamos moito.
Puidemos coñecer unha morea de animais: dous cans moi grandes, galiñas e galos de todo tipo, parrulos e ocas, porcos ananos, coelliños moi suaves, cabalos, cabras e ovellas e ata ordeñamos unha vaca "de mentira" chamada Olivia. Tamén estivemos sementando millo no horto e vimos as hortalizas do invernadoiro. Para rematar fixemos unha fornada de galletas, por certo moi ricas. Ah, tamén xogamos no parque de Kiriko....en fin, pasámolo moi ben.
A volta á casa foi outra cousa. Estabamos tan esgotados que os nosos ollos cerráronse e quedamos durmidos no bus, todos menos Alejandro.
Eiquí vos deixo dous vídeos, un con unha selección de fotos e outro do momento no que entramos a darlles de comer ás cabras.
VÍDEO MONTAXE DE FOTOS
VÍDEO COAS CABRAS
Vémonos pronto!!!
Comentarios
Publicar un comentario