ENTROIDO 23-24

 Despois de 2 semanas adicadas á celebración da Paz, por fin chegou o Entroido e o pasarrúas polo Calvario. Durante toda a semana seguimos as ordes do Meco...Este día había que traer unha maleta...



Despois de toda a semana seguindo as ordes do meco, por fin, unha semana despois, o venres 16 (o día previsto choveu moito e tivemos que aprazar o desfile de comparsas) puidemos desfilar. 

Este ano, relacionado co tema das viaxes, eliximos disfrazarnos de Mexicanos. O disfraz consistiu nun poncho feito cunha bolsa vermella e un sombreiro mexicano. O resto foi pasalo ben e disfrutar do día. Tamén comimos postres típicos do entroido galego, facilitados polas familias dos peques: orellas, filloas e ata biscoito. Un día completiño!!!


Eiquí van algunhas fotos do desfile.


















































Comentarios