Powered By Blogger

CELEBRACIÓNS DÍA DA PAZ

Durante a semana da Paz tivemos unha morea de actividades e celebracións. 
Para empezar fixemos unhas preciosas pombiñas brancas e puxémoslles unhas aliñas de plumas. Logo colgámolas nos cordeis do patio cuberto. Tamén decoramos e escribimos palabras bonitas en moitos idiomas nas maletas viaxeiras pola Paz. Cada peque levou a súa maleta para a casa e tamén mandamos por correo ordinario 2 maletas: unha  ao CEIP O Couto de Ourense e outra ao CEIP Maria Barbeito e Cerviño de A Coruña. Tamén temos previsto enviar outra a un contacto de Grecia. Esperamos novas moi pronto!!!!!

Ademais desto tamén celebramos con todo o cole a Carreira Solidaria para colaborar con DISCAMINO e asistimos a un concerto moi interesante da cantante e compositora Uxía.





       COLGAMOS AS NOSAS POMBIÑAS

                                     













         
        MALETAS VIAXEIRAS POLA PAZ





ENVIAMOS MALETIÑAS A OUTROS COLES






VÍDEO RESUMO: CONCERTO DE UXÍA E CARREIRA SOLIDARIA




No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES