Powered By Blogger

TEATRO DE TÍTERES

 Ola de novo. Esta semana disfrutamos dunha velada de teatro no cole da man da familia de Malik. Como afeccionados ao teatro de títeres, e dun xeito desinteresado, ofrecéronnos facer unha representación. Nós, como non podía ser doutro xeito, aceptamos sen pensalo dúas veces. A cita foi onte, luns 4 de decembro, pola mañá e como público a rapazada de 3 anos e algunhas profes. 

A protagonista é unha boneca chamada Patri, que ía narrando, presentando e interactuando con nós. Patri contounos, cunhas versións moi especiais, dous contos: a ratiña presumida (destacando a importancia da amizade e da igualdade) e o cabalo de Troia (valorando a busca de ideas creativas para solucionar os problemas, sen recorrer á violencia) . Ademáis, para a nosa sorpresa, tamén apareceu o galo Bartolito cos seus amigos cantándonos a súa canción. 

Nenos-as e profes participamos, contestamos, cantamos e divertímonos moitísimo. Esperamos que volvan moi pronto con máis historias e dámoslles as grazas en nome de todo o cole.

















E agora uns videos da actuación



Ata a próxima!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES