Powered By Blogger

O MAGOSTO

Como o prometido é débeda, estamos eiquí de novo, co MAGOSTO

O venres 17 de novembro, celebramos o Magosto. Foi a nosa primeira experiencia festeira con todo o cole. 

O día comezou cos xogos do Magosto que fixemos en 6 grupos  diferenciados por cores con nenos-as de todas as clases de infantil: TRAGACASTAÑAS, A CASTAÑA QUENTE, CARREIRA DE CASTAÑAS, CALDEIROS DE CASTAÑAS, CARREIRA DE PORQUIÑOS E A BOLA VELOZ.












Durante toda a semana estivemos a preparar as nosas cestiñas, recipientes necesarios para degustar as castañas asadas e preparados para poñer nun lado as castañas e noutro as cáscaras. A profe fixo unha caixa máis grande para meter as castañas de todos-as, e logo, na festa repartiu as castañas nas nosas cestiñas.

CAIXA GRANDE COA TEMÁTICA DE GRECIA



DEGUSTAMOS ESTE RICO MANXAR NO PAVILLÓN CUBERTO EN COMPAÑÍA DE TODOS OS NENOS-AS E PROFES DO COLE, MENTRES  UN GRUPO DE GAITEIROS ANIMABAN A FESTA. 
Ao chegar quedamos un pouco abraiados pola música e ver tanta xente xunta, pero pronto nos sumerximos na festa.










EIQUÍ ESTAMOS MIRANDO COMO SE ASAN AS CASTAÑAS E, DE PASO, TIZNÁMONOS UN POUCO




En fin, foi un día movido e unha nova experiencia, pero pasámolo xenial.

Na seguinte entrada.....chega o NADAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES