CHEGA O NADAL

Xa levamos varios días preparando unha morea de cousas para celebrar o tan ansiado Nadal. Comezamos por decorar a nosa clase e estreando novas mesas sensoriais e materiais propios destas datas. 

Así de bonitas quedaron as nosas fiestras









MESAS SENSORIAIS: 2 TIPOS DE NEVE ARTIFICIAL (BICARBONATO E AUGA E ALGODÓN DE CUEIRO CON AUGA), BONECOS DE NEVE E OSOS POLARES, PEZAS DE NADAL DE MADEIRA E NATURAIS, PALIÑOS, CASCABEIS...



                                             






ÁRBORES PARA DECORAR











DECORACIÓN DE FIGURAS DE NADAL CON PAPEL SEDA RASGADO COS DEDOS, CON PEGATINAS E CON DIFERENTES FIGURIÑAS 






















Tamén comezamos a contar os días que faltan para Noiteboa no noso calendario de advento. A primeira en recoller o agasallo do día 1 foi Jana, que era a "comandante" ese día. 





Tamén fixemos uns lindos bonecos de neve con escuma de afeitar e cola branca. Á pasta resultante chamámola "masa flufli", que ao secar queda brandiña e coma unha nube.












Despois de estirar a pasta nas cartolinas, puxémoslles olliños móbiles, un nariz e botóns de plastilina, a boca con un trociño de folla seca e uns paliños de brazos. Cando pasaron días e estiveron secos engadimos a bufanda de lá e o gorriño. Quedaron moi graciosos e resultóns.








Xunto con todos os compis de infantil e primaria, tamén celebramos o acendido da árbore do cole....





Agora só quedan as badaladas de Fin de Ano, merendola de Nadal e festa rachada.

Comentarios