Venres, 17 de decembro de 2021
Hoxe elaboramos unha receita de cociña típica do Nadal, moi faciliña e rápida de facer: Mazapán
Primeiro mesturamos ben fariña de améndoas, azúcre moi fino e clara de ovo. Amasamos para mesturar ben, e botamos un chisquiño de auga porque quedara un pouco seco. Xa feita a pasta ou masa, cada peque fixo figuriñas coa súa bola de mazapán sobre o seu mantel da merenda. Pincelamos as nosas figuras coa xema do ovo, logo un ratiño ao forno e listas as nosas figuriñas de mazapán.
Para poder levalas á casa, preparamos as caixiñas do calendario de adviento, metimos nelas a receita e os mazapáns. Para que quedara máis chulo envolvimos a caixa con plástico de celofán.
Espero que vos gustara a nosa "especialidade". Podedes facela cos peques na casa para estas festas de Nadal, encantaralles facer a masa e moldear figuriñas con vós.
Aquí van as fotos do proceso, cos vosos pequenos chefs en acción 😍
Comentarios
Publicar un comentario