Powered By Blogger

REMATE DE PROXECTO E NADAL

 Martes, 22 de decembro de 2021

Hoxe será a última entrada deste ano 2021....a ver se temos un mellor 2022, anque non podemos queixarnos moito, visto o visto. 

Teño que dicir que falta a nosa compi Emma, que o martes estaba maliña e non puido vir ao cole😔

Pois, imos alá con unha gran cantidade de cousas que fixemos e xa estaba desexando mostrarvos. Poñédevos cómodos, que comezamos xa.

Levamos para a casa todos os traballos do trimestre nunha bolsiña moi chula decorada coa cabeza dun boneco de neve. Nela levamos o proxecto "o corpo dos piratas", un ficheiro recopilatorio de cousas típicas do Nadal e, como non, o calendario pirata do 2022, personalizado para cada peque. Traballamos moito e creo que aprendimos unha morea de cousas novas e, sobre todo, pasámolo xenial.


























Tamén recibimos a visita de Papá Noel e dos paxes dos Reis Magos. Como debe ser, fomos levarlles a carta que escribimos e debuxamos na clase para os Reis Magos, porque este ano portámonos moi ben...bueno, creo que ningún puxo que se portou "regularín, regularán"😏













Como era o último día antes das vacacións de Nadal, tamén fixemos unha gran merendola...non moi equilibrada, pero un día é un día. Saboreamos as deliciosas viandas mentres visionamos unha peli de Nadal de Pocoyó.











                    Buff!!!, cantas cousas fixemos o último día. Continuamos...                  
Celebramos as badaladas anticipadas de Fin de Ano, con lacasitos minis, para ir practicando. Para élo visionamos un video que fixemos as e os profes do cole, no que fixemos un pouco o ridículo..pero todo sexa polos peques 😂


E, agora o mellor, o baile de Nadal que estivemos ensaiando para que vexades o ben que bailan os golfiños e as golfiñas.
Con este baile que fixemos con moito cariño, deséxovos unhas moi felices festas de Nadal e un ano 2022 un pouquiño mellor que estes 2 últimos anos...non é moito pedir 🙏
Ah, e moitas grazas a Marisa e á profe Neli, que nos axudan moito cada día.
Pois ahí vai a nosa sorpresa bailada, espero que vos encante tanto como a mín. 


Unha aperta moi grande para todos-as e nunca olvidedes que...




1 comentario:

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES