Powered By Blogger

INAUGURAMOS O NADAL 2021

 Sábado, 4 de decembro de 2021

Esta semana comezamos cos preparativos do Nadal: traballiños, decoración, inauguración do calendario de advento, acendido da árbore do cole....

O día 1 de decembro estreamos o noso calendario de advento, este ano de caixiñas que temos que ir abrindo para ver a sorpresa e poñéndolles unha pinza co mesmo número do día. Comprei as caixiñas sen montar e un día montámolas. Sorprendentemente, moitos peques conseguiron montalas sen axuda. A outros costoulles máis, pero conseguimos argallar todas. Logo colocámolas en forma de abeto de Nadal, coa súa estreliña no tope. Quedou moi chula e algo diferente ao habitual. Inauguramos o calendario o día 1 de decembro, e a afortunada foi a encargada dese día: UXÍA. 

Uxía estaba super emocionada, porque, ademáis de ser a encargada, que lles encanta, foi a mestra de ciremonias, e, por suposto, gravamos un video para a posterioridade!!





O acendido da árbore do cole tamén foi emocionante para todos. Organizaouse un pequeno acto no patio, en 2 quendas, unha para os maiores e outra para os pequenos. Nós fomos na segunda quenda, na hora do recreo. Primeiro asistimos a un super baile da canción de Queen "Don,t stop me now" co que nos agasallaron a todos, por sorpresa, os nenos e nenas de 6º de primaria. Encantounos velos tan alegres e concentrados, tan "profesionais" Podedes ver o video do baile no blog de 6º:                                      sextonopombal.blogspot.com. 

Despois do baile sorpresa dos compis de 6º, chegou, por fin, o acendido oficial da nosa árbore, e quedou deste xeito, inaugurado o Nadal do Pombal. Aquí vai un video, un tanto caseiro e improvisado, no que me emocionei de máis e ata se me oe cantar "Feliz Navidad, Feliz Navidad....", pero teño que poñelo porque se ve o ben que o pasaron os peques e o emocionados que estaban....😏😁



Ademais da árbore grande de luces, tamén se fixo unha bonita árbore con todos os pompóns que fixestes na casa.


E, xa para rematar con tantos acontecementos, tamén inauguramos o Nadal no noso edificio de infantil, coa nosa especial cheminea con calcetíns e a nosa árbore, que decoramos con unhas bonitas luces, algúns pompóns e unhas lindas cunchiñas de vieira, facendo un guiño ao Camiño de Santiago, todas decoradas polos peques e as profes de infantil.













Ah, o noso amigo Nayat mandounos esta bonita foto navideña, porque non se olvida de nós e quere desexarnos tamén un bo Nadal. Boas festas tamén para vós. 
Un bico enorme de parte de todos, golfiño de Estepona




Ata pronto. Unha aperta











1 comentario:

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES