SAMAÍN: CORRE, CORRE CABACIÑA

XOVES, 29 DE OUTUBRO DE 2020

CHEGOU  O  OUTONO  Á  NOSA CLASE.....E CON  EL  O 

                 

adaptación ao galego da palabra gaélica samhain, celebración da tradición celta que o cristianismo convertiu en "día de tódolos Santos". Segundo a tradición inglesa "vixilia de tódolos santos" ("all Hallow´s Eve", que co tempo pasou a chamarse Halloween)


Xa  aprendimos  unha morea  de  cousas  sobre  o  outono:
As  súas  cores:   
marrónamarelolaranxa,  vermelloocre........,
que  empeza o  frío e  caen  chaparróns,  que  as árbores  van  perdendo  as súas  follas e van quedando  calvos, que hai moitos froitos secos e  que comemos castañas, que  marchan os paxariños  e,  que  nesta  estación  do  ano  celébrase o  Samaín,  unha  data  de historias  terroríficas, de monstros,  zombies,  arañas, vampiros, pantasmas  e  moitas, pero que moitas, cabazas.
Hoxe  contamos  un  conto  que da  un  pouco  medo, pero non moito, en realidade  da  moita  risa, cuxos  protagonistas son unha  tenra  avoíña  e  3 malvados animais que  a  queren comer: un lobo, un oso e un león.   

Corre ,  corre  cabaciña





A  AVOÍÑA


O  OSO

O LOBO



O LEÓN


A CABAZA




VIDEO  DO  CONTO 



Como somos moi traballadoras e traballadores, tamén decoramos a nosa aula con cabaciñas de papel, pantasmiñas e algunha que outra bruxiña, unhas máscaras de bruxas, vampiros, cabazas, gatos negros, catrinas e ata un Frankenstein.
Pero o que máis bonito nos quedou foi unha gran catrina que pintamos entre todos, cada un un pouquiño. Mirade que bonita e colorida!!



Aquí vai o video do proceso:







Comentarios

  1. Nos encanta ver lo trabajadores que sois y que además disfrutais muchisimo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario