Venres 9 de outubro de 2020. OUTONO
Hoxe foi un día bastante especial, pois recibimos unha visita inesperada na nosa aula....apareceu pola nosa porta blanca nada maís e nada menos que MAFALDA, sí, MAFALDA. En realidade era a profe Montse con un vestido e un laciño vermello na melena. Explicounos que estaba un pouco triste, pois hai poucos días morreu Quino, o pai-creador da nena máis lista do mundo, Mafalda. Por este motivo, a biblioteca Castelao no seu blog adícalle moitas actividades e cousas divertidas coas que podedes aprender e divertirvos na vosa casa. O blog da biblio xa sabedes cal é:
Tamén coñecimos un conto novo moi bonito, titulado "Mezclados. una historia de colores", de Arree Chung (Oceano travesía). Saímos todos ao porche da nosa aula, aproveitando que estaba un día de sol estupendo, e alí escoitamos e miramos o conto. A profe Yoli, moi amablemente, e con moita pacencia, xa que houbo varias tomas falsas ou, máis ben fallidas, grabounos
co móbil.
AO PRINCIPIO HABÍA 3 CORES: OS AMARELOS, OS
VERMELLOS E OS AZUIS
OS VERMELLOS ERAN OS MÁIS CHILLÓNS
OS AMARELOS ERAN OS MÁIS ALEGRES 😃
E OS AZUIS OS MÁIS TRANQUILOS 😑
TODOS VIVÍAN NUNHA GRAN CIDADE EN CORIDA ARMONÍA
ATA QUE UN DÍA, UN VERMELLO DIXO:
OS VERMELLOS SOMOS OS MELLORES!!!
OS AMARELOS NON PENSABAN O MESMO.
NON, OS MELLORES SOMOS NÓS
PORQUE SOMOS OS MÁIS ALEGRES!!!
OS AZUIS, MOI ENFADADOS, NIN RESPONDERON 😠
A PARTIR DE ENTONCES, AS CORES DECIDIRON VIVIR EN
DIFERENTES PARTES DA CIDADE:
OS VERMELLOS EN ROJÓPOLIS, OS AZUIS EN POBO
AZUL E OS AMARELOS EN VILA AMARELA
ATA QUE UN DÍA, UNHA AMARELA FIXOUSE NUN AZUL
E ALGO PASOU......
AMARELA E AZUL VOLVÉRONSE INSEPARABLES.....
XUNTOS SENTÍANSE MOI VIVOS 😍
PERO NON A TODAS AS CORES LLES FACÍA GRACIA ESTA UNIÓN E
EMPEZARON A CRITICALOS POLOS RECUNCHOS
PERO A AMARELA E A AZUL DEULLES IGUAL O QUE PENSARAN OS DEMAIS.
AMÁBANSE TANTO, QUE DECIDIRON
MESTURARSE
XUNTOS CREARON UNHA NOVA COR.
CHAMÁRONA VERDE
VERDE ERA ALEGRE COMO AMARELA
E TRANQUILA COMO AZUL.
PERO ERA UNHA COR DIFERENTE ÁS DEMAIS
TODO O MUNDO ESTABA ENCANTADO CON VERDE E, ATA
AS CORES MÁIS GRUÑONAS QUEDABAN ENFEITIZADAS
AS CORES EMPEZARON A VER NOVAS POSIBILIDADES E PRONTO
OUTRAS CORES EMPEZARON A MESTURARSE
E MESTURÁRONSE
E MESTURÁRONSE
EMPEZARON A APARECER NOVAS CORES E
UNHA MOREA DE NOMES NOVOS
OS VELLOS BARRIOS DE ROJÓPOLIS, POBO AZUL E VILA
AMARELA XA NON TIÑAN RAZÓN DE SER. TODOS QUERÍAN
VOLVER A VIVIR XUNTOS, ASÍ QUE RECONSTRUIRON A CIDADE.
A NOVA CIDADE ERA MOI COLORIDA.
NON ERA PERFECTA, PERO SENTÍANSE NA CASA.
E COLORÍN, COLORADO,
ESTE CONTO XA ESTÁ REMATADO E
TODOS ESTAMOS MOI
MESTURADOS
Verdade que é un conto precioso? a min encantoume.
Espero que aos nenos-as e a vós tamén.
E agora o video que grabamos no cole esta mañá....
Comentarios
Publicar un comentario