Xoves, 29 de outubro de 2020
ACTIVIDADES CO CONTO
Lembrades ese conto tan precioso que coñecimos hai uns días?
Pois fixemos varias actividades e fichas relacionadas coa mestura de cores.
As cores primarias son:
AZUL, AMARELO e VERMELLO
Partindo das cores primarias podemos facer moitas cores diferentes. As secundarias básicas son as seguintes:
Se mesturamos amarelo e azul sae o verde
Se mesturamos vermello e amarelo, sae o laranxa
Se mesturamos azul e vermello, sae o burdeos.
Mirade o noso mural con todas as personaxes.
Bonito trabajo!!
ResponderEliminar