Powered By Blogger

Hola rapazada, que tal a fin de semana? espero que xenial, sobre todo porque xa poidestes saír á rúa.
Que tal  a  experiencia? contade, contade. Estabades tristes ou contentos? Tiñades medo ou, polo contrario moi valentes? Levabades  tapabocas ou non?. Se vos apetece podedes mandarnos unha foto co voso tapabocas.
Hoxe  é  luns 27 de abril de 2020, día de Nosa Sra. de Montserrat. Estivo todo o día nubrado e bastante feo.

Non vou poñer tarefas hoxe, xa que penso que co do venres tedes bastante. Mañá ensinareivos cousiñas novas pola mañá. Ademáis, estou esperando que me mandedes máis do que fixestes na casa.

A profe Laura de A.L. mandoume esta proposta que vos pode servir a todos para traballar aspectos como a linguaxe verbal. Trátase de unha aplicación que podedes usar tanto no móbil como na tableta, chámase  MITA. Neste enlace podedes informarvos mellor.

https://drive.google.com/file/d/1bp7FiwE9EECOYHoHwm4xooMrP3oSAR1V/view?usp=sharing

Por hoxe nada máis. Mañá  vémonos de novo. Un bicazo enorme. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES