Agora imos voltar pero moi suaviño e pouquiño a pouquiño, para non cansar demasiado.
Estiven a limpar un armario e atopei un conto moi chulo que xa olvidara que o tiña.
Titúlase "El león que no sabía escribir". Aquí vos deixo fotos do conto para que non perdades detalle.
Máis abaixo déixovos un video co conto e unha bonita actividade para que fagades na casa.
Pero, como sempre, primeiro as vosas fotos, que seguro que estades desexando que os vosos amiguiños e amiguiñas as vexan.
Comenzamos por María, que fixo todas as fichiñas e tamén un molinete azul que se ve por atrás.
Gracias guapetona
O noso amiguiño Ángel está feito un traballador....fixo de todo e mooooi, pero que moi ben. Ángel estás feito un campión. Espectacular
Nayat tamén traballou un montón e, creo que o pasou xenial no seu campamento de Pascua no seu xardín....así non hai maneira de aburrirse....que envexa Nayat.
e agora...................O CONTO
EL LEÓN QUE NO SABÍA ESCRIBIR
(Martin Baltscheit)
LEÓN
L
LEONA
L
MONO
M
HIPOPÓTAMO H
ESCARABELLO PELOTEIRO
E
XIRAFA
X
CROCODILO
C
BUITRE
B
AMOR
A
Despóis de escoitar con moita atención o conto, podes facer a suxerencia de actividade do mesmo que está ao final.
Mira as fotos e os nomes de cada animal: por que letra empezan, conta as letras que teñen, compón cada palabra con tapóns ou letras móbiles que teñas na casa. Logo escríbe cada palabra nun folio e rodea a letra inicial e logo as vogais, cada unha da súa cor. Fai un debuxo do personaxe que máis che gustara do conto.
Imita aos animais (onomatopeias dos seus sons): como falan, como se moven...
No hay comentarios:
Publicar un comentario