Powered By Blogger

BOS DÍAS...COMO ESTADES HOXE?

Boas, como estades hoxe?....espero que moi ben.
Estou encantadísima porque estades a facer unha morea de cousas chulísimas.
Sabedes  unha  cousiña? hoxe é  o Día Internacional  do Autismo e está simbolizado pola  cor Azul. Podedes  facer un molinete, aquí explica como se fai, e logo poñelo no voso balcón  ou  fiestra.
                 Lembrade:  "todos  somos especiais"





Hoxe vouvos propoñer un conto moi chulo, co que podedes aprender moitísimas cousas e entender outras difíciles de entender, pero non só para vós, senón tamén para os que somos adultos. A ver se vos gusta. Escoitade con atención este bonito conto de PIXELATL  e  despóis  podedes  falar sobre él, preguntar a mamá  e a papá, facer un debuxo  do que máis vos gustara....

          LOS DÍAS EN QUE TODO SE DETUVO




Como debedes estar  agotados  de facer cousas e cousiñas todo o día, hoxe non vou  poñervos moito traballo. Aquí van unhas fichiñas  faciliñas, como sempre. Logo  móstrovos os traballiños  dos vosos compañeiros e  compañeiras e xa,  para  rematar, o  video que vos preparei para que aprendades a facer o lobiño de papiroflexia, como os porquiños, pero moito máis faciliño. Espero que vos  guste tamén. 

                          ALGUNHAS  FICHIÑAS



























Agora o que seguramente que estabades esperando con máis emoción.....os vosos traballiños. Xa van..!!!
Nayat  fixo  un porquiño  de Origami e, ademáis  coloreou  a Pepe, Cuca, Manu e ao lobiño Tito, cada un da súa cor. Moi  ben campión, agora  fáltache un porquiño, xa sabedes cal é o que lle falta?





Nora  e  Vera,  que  están  impresionantes vestidas  de Frozen, fixeron  a todas  as personaxes do noso conto. Quedaron  chulísimas, non lles falta detalle.....así da gusto. Xenial  campionas. 









Alicia  e  a súa irmá  maior, Aroa, fixeron uns agasallos  moi  especiais para o seu amigo e veciño  alejandro  que  cumpriu  2 aniños. Felicidades  da  nosa parte. Seguro que quedou moi contento cos vosos agasallos, son  preciosos.




E  xa, para  rematar,  María  tamén  estivo a traballar  moitísimo.  Xa  vedes  debuxou e coloreou   un feixe de obras  de arte,  preciosos  e  ten  unha  especie de mural con todo  o que fixo. 
Encántame María.



VIDEO  TITORIAL:  LOBIÑO  DE ORIGAMI










No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES