Caixa de tesouros

Bos días golfiños e golfiñas. Hoxe é martes 28 de abril de 2020, día de San Prudencio e da seguridade e saúde no traballo...que interesante!!!

               A  MIÑA  CAIXA  DOS  TESOUROS

Estaba desexando  mandarvos xa este video, no que vos explico como é a miña caixa dos tesouros. Vos tedes caixa dos tesouros? Si a tedes podedes mandarnos unha foto ou un video dela, e se non a tedes podedes facer unha e ir metendo nela os vosos tesouros e cousas favoritas para xogar con elas cando queirades e, cando empece de novo o cole e volvamos a vernos, podedes traela. Eu levarei a miña.




Déixovos estas fichiñas para que fagades pouco a pouco e durante esta semana. O xoves mandarei máis, pois o venres 1 de maio é festivo, San Xosé Obreiro e celébrase o día dos traballadores. 




DESCARGAR

Agora xa vamos coas fotos e videos que me mandastes.
Hoxe empezamos por  nenos de 4 anos que enviaron algunhas cousiñas dos 4 porquiños á profe Raquel.
Comezamos pola letra   M   
Martín mandounos unha foto dun bonito tendal, feito con unha oveira pintada de cor verde. Quedou chulíííísima!!! E ese calendario que tes detrás de tí está xenial. Podemos facer todos un así para completar todos os días, como o do cole. Gracias pola idea Dani.

                                                                           


A  nosa compi  Elena, que empeza por  E,   
construiu unha bonita casa de cartón, a casa dos 4 porquiños. Quen vive ahí? a familia de Pepa Pig?
Preciosa Elena.....


E  lara, que empeza por L   
que fixo o lobo  Tito, amigo dos 4 porquiños. Vas facer a casa tamén?  Moi bo traballo, Lara

                        

                                             

Nora mandounos o seu debuxo para o día da Terra. Quedou precioso Nora. E unha foto facendo  un puzzle de animais con Vera.  Por certo, Nora está guapísima vestida de fada unicornio.
     
                



O  libro favorito de Nora é "Ricitos de oro"

Ángel  enviounos fotos e videos tamén:  construíndo a casa dos porquiños, o tendal e a roupiña. Tamén fixo moitas das fichas. E, o máis importante, axudou a limpar na casa.....xa veredes!!

                     





Axudando a limpar o pó na casa.   Moi ben, campión


Mirando con papá o video das cores


E, xa por último, Nayat    

enviounos unhas fotos da evolución das súas fabas. Creceron moito Nayat. Están preciosas. Agora tes que mantelas húmidas e, cando vaia mellor tempo, poñelas en terra e coidalas ben para ver se crecen e dan froito.  Nayat  sementou fabas. Vedes?

                                                       
 

Bueno, rapazada, despídome ata mañá. Lembrade traballar, xogar, colaborar nas tarefas da casa, bailar, cantar...todos os días un pouquiño. Un biquiño para todos e todas.








Comentarios