Powered By Blogger
Bos días golfiños e golfiñas.  Como estades?...ánimo que xa queda menos!!!!
Hoxe é luns 20 de abril, San Teodoro. A lúa  segue minguante, aínda que xa lle queda pouco para cambiar. O tempo está un pouco raro, nubrado e ás veces un pouco soleado e parece que vai chover. Non vai moito calor.

Hoxe vouvos contar un conto que espero que vos guste moito, titúlase
"o círculo que quería ser mellor". Tamén publicarei as vosas fotos e videos, chulísimos, como sempre. Sodes os mellores.


Pois....imos alá

Hoxe temos 2 divertidos videos de Sara, que estivo a facer mascarillas coa súa mamá








Nora e a súa irmá Vera seguen a traballar moito. Cociñaron flan de ovos e tortiñas de maizena. Tamén decoraron  con pasta de varios tipos as letras iniciais dos seus nomes: N e V....xa veredes que bonitas quedaron


Nayat tamén o pasou en grande facendo algunhas fichiñas e un garaxe de cartón....que molón!!!




Agora o video do conto que inventei para vós, a ver se vos gusta.  Despóis explicareivos as actividades que vos propoño para o conto e unhas fichiñas moi faciliñas

O CÍRCULO QUE SÓ QUERÍA SER MELLOR






Gustouvos? Xa sabedes que o circuliño non tiña amigos e cría que non tiña nada bo, que non facía nada ben....pero ao final....descubriu que non era tan malo como pensaba, que todos temos algo bo e que podemos facer máis cousas do que pensamos, só temos que intentalo.
Agora vouvos presentar aos personaxes do conto:

             
         CIRCULO  MATÍAS           RECTÁNGULO  ALFONSO           ROMBO AMADOR

         
              ÓVALO                             TRIÁNGULO  MANUEL      CADRADO   MARGARIDA


                                                                ROBOT  X6POM

1: Agora quero que me digades cal  personaxe vos gustou máis de todos e por que
2: A profe xeométrica non aparece nas fotos nin no video. E que non sabía como podía ser, pero vós seguro que sí. Podedes debuxar á profe xeométrica?
3: Facede o voso robot coas diferentes formas (ten que ter todas as do conto, eh!)
4: Buscade pola vosa casa cousas que teñan as diferentes formas. Collede 1  ou 2 de cada forma  e sacade fotos. Logo faremos un álbum coas fotos que mandedes.
5: nun folio ou papel blanco debuxade ou pegade diferentes formas xeométricas de diferentes cores de tamaño pequeno. Despóis a partir delas facede persoas, a forma xeométrica xa é o tronco: debuxade as pernas e os brazos e a cabeza.....logo podedes pintarlle o pelo, os pés e as mans. Este é o que fixen eu:


Por hoxe nada máis.....vémonos mañá. Un bico moi grande para todos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES