Powered By Blogger
Boas  tardes  golfiños e golfiñas. Hoxe é venres 17 de abril de 2020, San Aniceto e día da Hemofilia (unha enfermidade).

Como notaredes, hoxe tardei un pouquiño máis do habitual, pois tiven problemas técnicos, pero xa están casi resoltos.

En primeiro  lugar quero felicitarvos polos vosos traballos, sodes xeniais.... pero vexo que uns traballan un montón e outros non dades sinais de vida...animádevos mandando algo, aínda que sexa  pouca cousa. O importante é participar e seguir en contacto. Podedes mandar cousas  que fagades libremente, pois a  cousa máis simple pode ser interersante e podemos aprender todos. 
Comezamos  xa....

Ángel  enviounos todos estes traballiños, e está encantado de tantas cousas que fai, así non se aburre nunca e aprende un montón. Fixo un precioso marco de fotos co arroz coloreado e cartón  e un chulísimo árbore de nadal con macarróns.
Por certo, tamén felicitou ao seu primo Martín que estaba de aniversario. Felicidades Martín 

E agora  unha fichiñas. Como podedes ver cambiei o formato, a ver se así vos é máis facil imprimilas. Espero que vos gusten.



DESCARGAR



E xa para rematar, gustaríame que cociñedes comigo...a partir de agora haberá máis receitas ricas e sinxelas para que vos encante cociñar en familia.
É  moi divertido,  moi práctico e moi saudable e unha maneira de facer cos nenos unha actividade que lles encanta e coa que aprenden de xeito globalizado. Se ademáis desplegades medios complementarios: gorro de cociñeiro e mandil....xa se enganchan seguro.
A primeira receita que vos propoño é fácil, saudable e riquíiiisima. 

TORTIÑAS  DE  PLÁTANO








Eiquí  vai  a  videoreceita.  Espero que vos guste...xa me contaredes.  Un bicazo...xa sabedes que vos quero moito





No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES