Powered By Blogger
Boas tardes, golfiños e golfiñas....como estades neste día entre nubes e claros de  PRIMAVERA?
Hoxe é mércores, 15 de abril. É Santa Anastasia e, ademáis o día da Arte. Por certo, a que non sabedes como estará hoxe a lúa pola noite?....pois hoxe estará minguante, estáse a facer máis pequeniña e ten forma de   C.  Comprobádeo pola noite, a ver si a vedes entre as nubes.


Teño moitas cousas novas na parrilla de saída e xa estou desexando que as vexades. Por certo, gustouvos o conto do león que non sabía escribir?......espero que vos gustara moito.
Pois ao final creo que aprendeu a escribir e a ler tamén, pois a súa amiga a leona ensinouno moi ben e con moito AMOR

Para comezar, un recadiño da profe de inglés, Jessi:



Ah!!! moitos saúdos, bicos e apertas da profe de música, a profe Teresa

Por certo, teño que ensinarvos as sementes de garabanzo e de lentellas que sementara no vaso de algodón...empezaron a crecer.


                               


Hoxe vouvos dar  unha  receita de  cola  para pegar, xa que imaxino que moitos xa estaredes en mínimos...eu tamén.
Non é como a comprada, pero serve para un apuro. Podedes mesturala coa comprada que tedes na casa para que vos renda máis. Ten a ventaxa de que sae barata e dura moitos días, ademáis faise con cousas que soemos ter na casa. O inconvinte é que non pega tanto como a comprada, pero da  bastante o pego. A min serviume, xa veredes.

Empezamos cos vosos traballiños e fotos...buf!!! teño  unha morea e tiven que elixir só algunhas.

Nayat  fixo  varias das fichas e tamén a roda das pinzas e números...xenial Nayat

 

                          Sara  e  a súa familia aproveitaron para cambiar a decoración da súa habitación. Así de chulo quedou a súa zona de traballar e xogar...igualiño que  no cole.  Quedou preciosa, Sara.



Nora tamén o pasou xenial, fixo todas  as fichas e algunhas máis. Tamén  fixeron unhas manualidades impresionantes con sal e tiza e unhas flores de papel preciosas. Queremos aprender a facelas!!!


   


        


 




xoieiro de tubos de papel hixiénico
flores de varios tipos de papel

Ángel segue a traballar un montón e está aprendendo moito tamén. Mandounos foto das súas sementes de faba e garabanzo,que tamén empezaron a crecer. Tamén lle  encantou o conto do león, e o seu papá imprimiullo e grapoullo como un conto de verdade e escribiu as palabras e pegou cada letra no seu lugar para formar os animais do conto.  Logo un bonito debuxo do león e a leona.  Espectacular  Ángel.

fabas e garabanzos que empezan a crecer
vaso de io

 
                                                                           
 

 

Agora  xa vai o video donde explico como se fai a cola. Tamén quero mostrarvos  fotos de algunhas cousiñas que fixen eu con ela e  con macarróns. Vos tamén podedes facelo á vosa maneira,  desnvolvendo a vosa creatividade. Tan só precisamos:
_ Cola branca para pegar e pinceis para poñela
_ Papel, cartulina ou o que teñades
_ Pasta da de comer: macarróns de diferentes formas, caracolas, paxariñas...
_ Arroz de cores: tinguides o arroz con témpera (eu fíxeno con un pincel e deixeino secar) e logo gardades en botes separado por cores. Serviravos para xogar con el manipulándoo, encher formas, facer paisaxes e debuxos, decorar cousas....Eu fixen unha composición de primavera: flores con macarróns e espirais, e con arroz de cores.


pasta
pincel
cola caseira
arroz de cores
      


Pediredes a papá ou mamá que vos fagan a letra inicial do voso nome moi grande nun papel e a decoredes  con arroz de cores. Quedaravos precioso. Eu tamén fixen a miña.




 


                VIDEO:  COMO  FACER  COLA  CASEIRA
                      (HAI  2 PARTES, A SEGUNDA CORTIÑA)

































No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES