Powered By Blogger
Boas tardes golfiñas e golfiños. Hoxe é xoves 16 de abril, un día triste e chuvioso, A lúa  segue minguante, con forma de  C.  Celébrase Santa Engraza e tamén é o día da Voz. Pero aquí seguimos, tentando encher o noso tempo facendo moitas cousiñas. Hoxe imos aprender dous refráns moi populares. Practicádeos na casa con mamá e papá.
                                                   
                                                     "En abril, augas mil"

                                 "O sol de abril, mata á porca no cubil"

                         DÍA  DO  LIBRO: 23  DE  ABRIL



O día 23  de abril, é dicir, xustiño dentro de unha semaniña, celébrase  o  Día  do  Libro. Para  celebralo a  biblio do cole propón no  seu blog unha actividade moi chula que vos vai encantar. Só  tedes que buscar o  voso  conto favorito dos que teñades na casa, que estou  segura de que tedes un montón, e contalo ou lelo ao voso xeito, engadindo os apoios que queirades (deixade voar a vosa imaxinación) e pedirlle a mamá ou papá que vos grave  co teléfono móbil  e mandar o voso video seguindo as instruccións  do blog da biblio. Tamén  hai suxerencias  de  manualidades moi interesante que podedes realizar na  casa. Premendo neste enlace que vai a continuación podedes  acceder ao blog.

                 http://castelaonopombal.blogspot.com/

Ah,   e  lembrade  que podedes acceder aos blogs do cole dende a súa páxina web ou entrando dende este blog en 
"enlaces interesantes", xusto debaixo da  foto de portada, pinchando en "Máis"

                       ALGUNHAS  FICHIÑAS

                                                                                                                      










Bueno, despídome  por  hoxe....mañá  máis.  Cuidádevos  moito

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES