Boas tardes compis, como vai todo? Espero que xenial.
Hoxe é xoves 23 de abril de 2020. O día está soleado e temperado, non vai frío nin calor. E, sabedes unha cousiña?....esta noite, se mirades ao ceo, veredes a lúa diferente a estes días..é
Lúa nova.
Neste día celébrase San Xurxo (Jorge), Día do Libro.
Seguro que tedes na vosa casa un libro favorito, que vos encanta que mamá e papá volo lea moitas veces, porque vos rechifla.
Pois hoxe a vosa tarefa será a seguinte:
Tedes que facer unha foto co voso libro favorito e mandarma para que todos poidamos saber cal é......
Vaaaale!!!, tamén podedes mandar de 2 libros, se tedes 2 favoritos, claro, pero só unha foto.
No blog da biblioteca do cole tamén hai novas actividades e libros en pdf para ver na casa
A profe Laura, de Audición e linguaxe, envíanos esta chulísima actividade para repasar as cores. Seguro que a tedes chupada.
Gracias profe Laura.
Agora síiii, imos cos vosos traballiños e cousiñas que mandastes. Alá vamos!!!
Empezamos por.......alguén que o seu nome comenza pola letra
Alicia mandou imaxes de moitas cousas redondas. Tamén fixo á profe Xeométrica e ao Robot EPI2.
Nora tamén está a mandar un montón de cousiñas preciosas

Hoxe é xoves 23 de abril de 2020. O día está soleado e temperado, non vai frío nin calor. E, sabedes unha cousiña?....esta noite, se mirades ao ceo, veredes a lúa diferente a estes días..é
Lúa nova.
Neste día celébrase San Xurxo (Jorge), Día do Libro.
Seguro que tedes na vosa casa un libro favorito, que vos encanta que mamá e papá volo lea moitas veces, porque vos rechifla.
Pois hoxe a vosa tarefa será a seguinte:
Tedes que facer unha foto co voso libro favorito e mandarma para que todos poidamos saber cal é......
Vaaaale!!!, tamén podedes mandar de 2 libros, se tedes 2 favoritos, claro, pero só unha foto.
Tamén quero que vexades este libro tan chulo, titulado
"Fuera de aquí, horrible monstruo verde"
No blog da biblioteca do cole tamén hai novas actividades e libros en pdf para ver na casa
Gracias profe Laura.
Agora síiii, imos cos vosos traballiños e cousiñas que mandastes. Alá vamos!!!
Empezamos por.......alguén que o seu nome comenza pola letra
ALICIA
Cal vos gusta máis?....a min o grande, parece moi cómodo
ÁNGEL
traballou sen parar e mandou unha morea de cousas novas: atopou na súa casa cousiñas de todas as formas do conto de circuliño. Mirade, mirade
![]() |
Robot |
![]() |
A profe Xeométrica |
Tamén mandou un video do experimento da auga de cores e o papel de cociña
Agora continuamos pola letra N
NORA
![]() |
lentellas xerminando |
![]() |
mirando o conto de circuliño |


![]() |
Forky con un garfo |
![]() |
Patricio con pasta de modelar |

Nora tamén me agasallou con este precioso debuxo co meu nome. CHULÍSIMO, Gracias Nora, encántame.
Agora vamos coa letra S de .....
SARA
Sara, coa axuda da súa mamá confeccionou unha preciosa mascarilla. Moi bonita, de flores, non?
E xa remato por hoxe. Mañá haberá algo que vos vai encantar, 2 actividades para a fin de semana que seguro que vos van encantar....xa veredes...SORPRESA.
Un bico enorme. Muaaaaaaa!!!
Comentarios
Publicar un comentario