Boas golfiñas e golfiños. Hoxe é xoves 30 de abril de 2020: San Pío e día do JAZZ.....xa remata este mes.  Mañá é o 1 de maio, día do Traballo, así que é festivo. Descansaremos ata o martes, pois o luns é o día de ponte elixido polo cole. Pero podedes seguir mandándome cousiñas.

Sabedes que é o JAZZ?...póis é un tipo de música que empezou nos EEUU, concretamente en Nueva Orleáns, inventada e interpretada, alo menos ao principio por persoas de raza negra. Un dos  músicos de Jazz máis coñecidos era Louis Armstrong...que a min encántame. Aquí o vedes tocando a trompeta, un instrumento de vento, aínda que tamén cantaba de marabilla.



Escoitade esta preciosa canción titulada "What a wonderful world" (Que mundo marabilloso)....fermosa!!



Póis espero que vos gustara tanto que a partir de agora escoitedes moito jazz e blues.
Ademáis, nós tamén imos soprar como Louis Armstrong, pero non unha trompeta, hoxe non, éso outro día. Quero que miredes este video que fixen para vós, no que vos invito a unha actividade divertida e moi boa para a vosa boca (paladar, lingua, beizos..) e, sobre todo para os vosos pulmóns. Podedes facelo con cousas que teñades pola casa e logo pasar un rato requetedivertido.



A profe Jessie mándanos tamén actividades de inglés

https://app.luminpdf.com/viewer/5eaaea1e46748e00187c7dd5

Tamén nos propón escoitar a seguinte canción



Olvidábame,  que cabeza a miña
O  Equipo  da biblioteca do cole está a organizar retos semanais, para todos os venres, pero o desta semana xa está preparado no seu blog.  Visitade o blog da biblioteca e alí teredes o reto explicado.
Ademáis tamén tedes suxerencias de lectura, xogos e libros en pdf para ver na casa.  Xa sabedes!!


                   Unhas fichiñas para estes días



DESCARGAR



Agora as vosas cousiñas...................hoxe empezamos por

María


  que fixo unha  lavadora con cartón e teas  que tiña pola casa. Que chula, María!!


 


Tamén fixo un precioso tendal   e  un pastel  de plátano.

                                                 
  



Gracias María, cociñaches, pintaches e fixeches moitas cousas.

O compi             Ángel  


fixo o  experimento do volcán e encantoulle a  experiencia.
 


Tamén traballou un montón, xa veredes


Ángel saiu á rúa coa súa máscara
                         




Catrina tamén nos mandou algunhas cousiñas...que sorte tes Catrina, cantas cousas se poden facer na finca, verdade?    

Saltou e saltou nos charcos coa súa irmá pequena Uma....que envexa dades!!!

               

Tamén na cama elástica...hai que facer exercicio, verdade?


E, como podedes ver, tamén traballou un montón


Que linda bolboreta
Uma e Catrina nunha carretilla

O tendal de roupa que fixo Catrina. Moi bonito

        
                        Cantas fichas rematadas!!!

                      
           



Tamén os nosos amiguiños de 4 anos  fixeron cousiñas,  mirade  o tendal de Lara, unha chulada!!! 

          

Anxo fixo a casa dos  4  porquiños e tamén un precioso tendal.
Gracias Anxo, está xenial
















E Elena  tamén fixo un preciosísimo tendal, xunto á casa que xa nos mostrou o outro día. Gracias Elena, fas cousas moi chulas

                                 

Rapaciños e rapaciñas, por hoxe remato. Quedan pendentes as fichas, que porei máis tarde, cando vaia mellor internet. Un biquiño e non olvidedes que o domingo é o día das MAMÁS. Podedes facerlle un debuxo ou unha tarxeta dicíndolle canto a queredes.  Mamá  quedará moi contenta. ah!! e un gran bico, aínda que vaia polo aire. 

                                     










Comentarios